Difusión
CAMELIA participa no II Foro de Intelixencia Artificial para o Sistema de Saúde
CAMELIA participa no encontro de referencia sobre IA na saúde, abordando os retos científicos e a sustentabilidade da súa integración no sistema sanitario.
CAMELIA participa na segunda edición de GALIA TECH para achegar a IA ao tecido produtivo galego
O encontro, organizado por DATAlife, reuniu a 150 persoas e contou coa participación de empresas, universidades e axentes do ecosistema de innovación
Un de cada cinco españois acudiu ao médico por recomendación da IA, segundo un estudo da Cátedra CAMELIA USC-Plexus
Unha enquisa realizada a preto de 5.000 persoas nas 17 comunidades autónomas revela unha ampla aceptación do uso da IA para apoiar tarefas técnicas e administrativas.
Humor, enxeño e emoción gañan o I Certame literario "A IA é saúde" organizado pola Cátedra CAMELIA USC-Plexus
A entrega de premios tivo lugar no marco do Encontro CiudadanIA, promovido pola Cátedra CAMELIA USC-Plexus para achegar, de xeito divulgativo e participativo, o impacto da IA na saúde. Máis de medio centenar de persoas asistiron á xornada
Espazo de Datos e Intelixencia Artificial | Voces de CAMELIA #6 con Alfonso Valencia
A serie Voces de CAMELIA lanza a súa derradeira entrega con Alfonso Valencia, director do departamento de Ciencias de la Vida en el Centro de Supercomputación de Barcelona e investigador do ICREA (Institución Catalana de Investigación y Estudios Avanzados). Nesta nova entrega abórdase o papel clave dos datos no ámbito biomédico e como a Intelixencia Artificial pode transformar o seu uso dentro do sistema sanitario.
De promesas a feitos: a Cátedra CAMELIA USC-Plexus analiza o verdadeiro alcance da IA na saúde
No marco do curso de verán “Intelixencia artificial na saúde: de promesas a feitos”, que reunirá desde hoxe e ata o 18 de xuño en Santiago a expertos de referencia para abordar os avances, os retos e as aplicacións reais desta tecnoloxía no ámbito sanitario.
Intelixencia artificial lingüística, outra forma de comunicarnos
Representantes de diferentes centros nacionais de referencia en Tecnoloxías da Información e a Comunicación reflexionaron, na xornada organizada pola Cátedra USC-Plexus de IA aplicada á Medicina Personalizada de Precisión, sobre os novos modelos de linguaxe e a súa aplicación á saúde.
A Rede ECIA e a formación en IA: un modelo de colaboración para afrontar os retos do futuro
A Cátedra CAMELIA USC–Plexus de Intelixencia Artificial e Medicina Personalizada e de Precisión súmase á celebración da graduación da primeira promoción do Grao en Intelixencia Artificial da Universidade de Santiago de Compostela (USC), un fito que reflicte a crecente relevancia da formación especializada para impulsar a transformación dixital de sectores estratéxicos como a saúde.
A Cátedra USC-Plexus Camelia lidera a formación en IA en saúde no seu primeiro ano e impulsa a investigación para garantir un uso responsable na práctica clínica
A Cátedra presentou hoxe, durante o acto de balance anual, os resultados do seu primeiro ano de actividade.
O Ministerio de Sanidade e a Universidade de Santiago de Compostela impulsan a súa primeira microcredencial universitaria sobre intelixencia artificial aplicada á saúde
Trátase dunha iniciativa orientada a fortalecer as capacidades do ecosistema sanitario público no ámbito da IA.
Computación e Metodoloxías Avanzadas de IA | Voces de CAMELIA #5 con Joaquín Dopazo Blázquez
A serie Voces de CAMELIA lanza unha nova entrega con Joaquín Dopazo, director da Plataforma de Medicina Computacional de Andalucía na Fundación Progreso e Saúde. Nesta nova entrega abórdase o papel clave dos datos no ámbito biomédico e como a Intelixencia Artificial pode transformar o seu uso dentro do sistema sanitario.
A IA e o seu uso na Consulta Médica | Voces de CAMELIA #4 con Antonio Herrero González
A serie Voces de CAMELIA lanza unha nova entrega centrada no impacto da intelixencia artificial na consulta médica. Nesta ocasión, participa Antonio Herrero González, director de Intelixencia Artificial e Big Data Analytics en Quirónsalud.
A cátedra CAMELIA presenta por primeira vez un reto no Impacthon 2026 organizado polo Google Developer Groups de Santiago de Compostela
O pasado fin de semana, a Cátedra CAMELIA participou por primeira vez no Impacthon 2026, un hackathon tecnolóxico organizado por GDG Santiago de Compostela e celebrado na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela (ETSE-USC).
CAMELIA celebra a súa primeira xornada de investigadores/as «Ata a IA e máis aló: Novos horizontes da Medicina Personalizada»
O pasado 14 de abril tivo lugar en Santiago de Compostela a primeira Xornada de Investigadores/as de CAMELIA baixo o título «Ata a IA e máis aló: Novos horizontes da Medicina Personalizada», impulsada pola Cátedra USC-Plexus de Intelixencia Artificial aplicada á Medicina Personalizada de Precisión.
Reimaxinar a Intelixencia Artificial e a medicina a través da literatura
A Cátedra USC-Plexus de Intelixencia Artificial Aplicada á Medicina Personalizada de Precisión (CAMELIA) convoca o I Certame de Relatos sen IA: "A IA é saúde".
Galicia avanza na integración segura e responsable da intelixencia artificial nos servizos de saúde
A través dunha iniciativa estratéxica que permitiu formar a máis dunha trintena de responsables de dirección do sector tecnolóxico e sanitario, impulsada polo Cluster Saúde (CSG) e a Cátedra USC-Plexus de IA en Medicina Personalizada de Precisión (CAMELIA).
Investigación biomédica e intelixencia artificial en farmacia hospitalaria
A pasada semana a Cátedra USC–Plexus de IA aplicada á Medicina Personalizada de Precisión participou no Curso de Investigación Biomédica en Farmacia Hospitalaria (#IBFH), organizado por FarmaCHUSLab do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela.
Novo artigo da Cátedra CAMELIA sobre saúde mental no ecosistema dixital publicado na revista IEEE Transactions on Affective Computing
Investigadores da Cátedra CAMELIA USC–Plexus publica en acceso aberto unha nova investigación no ámbito da saúde mental dixital na revista IEEE Transactions on Affective Computing.
Nova entrega de Voces de CAMELIA | IA e Diagnóstico Precoz de Cancro
Dispoñible a entrevista da serie de Voces de CAMELIA con Sara Toledano, CEO e cofundadora de Sycai Medical, empresa española de tecnoloxía médica.
Galicia avanza no uso responsable da intelixencia artificial nos servizos de saúde
O Cluster Saúde de Galicia (CSG) e a Cátedra USC-Plexus de IA en Medicina Personalizada de Precisión (CAMELIA) puxeron en marcha a iniciativa formativa «Intelixencia Artificial en Saúde: fundamentos, regulación e aplicacións reais para a toma de decisións», dirixida a directivos e responsables de organizacións sanitarias tanto do ámbito público como privado.
Dispoñible a segunda entrega de «Voces de CAMELIA» | Adopción Tecnolóxica en Sanidade
Continuamos a serie de entrevistas «Voces de CAMELIA» da Cátedra CAMELIA con José Manuel Chao Ardao, socio director de Plexus Tech e codirector da cátedra.
Presentamos Voces de CAMELIA #1 con Senén Barro Ameneiro | IA e Medicina Personalizada de Precisión
Esta peza forma parte dunha serie de vídeos impulsados pola Cátedra CAMELIA. Voces de CAMELIA nace como un espazo de diálogo con referentes do sector científico, tecnolóxico e sanitario que comparten a súa visión, experiencia e papel na transformación que a IA está impulsando na medicina do presente e do futuro.
Novo artigo da Cátedra CAMELIA publicado en Information Fusion sobre a interoperabilidade de datos con MILA
A Cátedra CAMELIA USC–Plexus de IA aplicada á Medicina publica un novo artigo en acceso aberto en Information Fusion (Elsevier), no que se presenta MILA, un enfoque innovador para o ontology matching orientado a mellorar a interoperabilidade de datos e o intercambio de coñecemento.
Conferencia: «Máis aló dos estados cerebrais discretos: Repensando a conectividade funcional e a dinámica cerebral»
Esta charla céntrase en axudar a entender como as redes cerebrais a gran escala se organizan dinamicamente ao longo do tempo.
Senén Barro participa no novo capítulo do podcast do grupo IDARA: Asistentes de IA xenerativa en medicina: que facer, que non, e como usalos con criterio
Dispoñible un novo video-podcast que conta coa participación de Senén Barro sobre o uso responsable de asistentes de IA xenerativa no ámbito clínico, os seus límites, riscos e o seu verdadeiro potencial, levado a cabo polo grupo IDARA.
Que pensan os futuros profesionais da saúde sobre a Intelixencia Artificial?
Desde a Cátedra USC–Plexus en Intelixencia Artificial aplicada á Medicina Personalizada de Precisión presentamos os resultados dunha enquisa a 758 estudantes universitarios de Ciencias da Saúde co obxectivo de coñecer o seu nivel de coñecemento, os intereses e as necesidades formativas.
María José Carreira Nouche participou como poñente no programa formativo «Medicina Personalizada e de Precisión: Presente e Futuro» impulsado polo SERGAS
María José Carreira Nouche participou no curso titulado «Medicina Personalizada e de Precisión: Presente e Futuro» que tivo lugar durante os meses de setembro a decembro, impulsado polo Servizo Galego de Saúde (SERGAS) en colaboración con New Medical Economics.
Conferencia «Surgimind» para a segmentación de imaxes cirúrxicas mediante redes neuronais para a cirurxía do cancro de pulmón
O obxectivo principal deste proxecto de investigación é desenvolver e avaliar un modelo baseado en IA que integre imaxes de vídeo intraoperatorias en tempo real con reconstrucións 3D preoperatorias de tomografías computarizadas pulmonares específicas de cada paciente, co fin de mellorar a identificación e visualización das estruturas anatómicas na cirurxía torácica.
Alberto J. Bugarín Diz participou como poñente na mesa redonda «Intelixencia Artificial» durante a LXIX Reunión da Sociedade de Cirurxía de Galicia (SOCIGA), celebrada en Ferrol os días 28 e 29 de novembro.
Este encontro centrouse en temas clave para a especialidade cirúrxica: cirurxía de mama, parede abdominal, intelixencia artificial aplicada á cirurxía, urxencias e catástrofes, entre outros.
Senén Barro Ameneiro participou na primeira acción formativa de alfabetización en Intelixencia Artificial organizada pola Dirección Xeral de Saúde Dixital e Sistemas de Información para o Sistema Nacional de Saúde
Senén Barro Ameneiro, director da Cátedra USC–Plexus en Intelixencia Artificial aplicada á Medicina Personalizada de Precisión, participou na primeira acción formativa de alfabetización en Intelixencia Artificial organizada pola Dirección Xeral de Saúde Dixital e Sistemas de Información para o Sistema Nacional de Saúde, adaptada a perfís profesionais do ámbito sanitario.
A Cátedra CAMELIA USC–Plexus participa por primeira vez na IX edición de CienciaSingular
A Cátedra CAMELIA USC–Plexus de Intelixencia Artificial aplicada á Medicina participou por primeira vez na IX edición de Ciencia Singular, unha xornada de divulgación científica celebrada na Universidade de Santiago de Compostela.
Un artigo de CAMELIA presenta EPheClass, unha ferramenta baseada en machine learning para o diagnóstico de enfermidades polimicrobianas
Novo artigo levado a cabo polas investigadoras de CAMELIA, María José Carreira e Lara Vázquez González, publicado en acceso aberto na revista Frontiers in Bioinformatics.
CAMELIA imparte formación en IA aplicada á Medicina Personalizada de Precisión para o estudantado de Medicina
CAMELIA imparte unha formación de dúas semanas dirixida ao estudantado do Grao de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela centrada nun ámbito clave para o futuro da práctica clínica: a Intelixencia Artificial.
Profesionais de saúde e IA analizan no CESGA os retos e oportunidades para impulsar a intelixencia artificial sanitaria na Xornada EUROCC2
Este luns a cátedra CAMELIA participou na Xornada de Dinamización #EUROCC2 no marco do proxecto EuroCC_SpainRES organizada no CESGA, centrada en reflexionar sobre como avanzar cara un maior uso das tecnoloxías de Intelixencia Artificial no ámbito da saúde.
Novo estudo de CAMELIA analiza a explicabilidade en modelos de IA para a detección temperá de NASH
Novo artigo de CAMELIA en acceso aberto publicado na revista Progress in Artificial Intelligence.
A Cátedra CAMELIA aposta pola formación para liderar o cambio na saúde pública desde o Fórum RIES 2025
O futuro da saúde conectada depende de profesionais que sexan capaces de integrar tecnoloxía, coñecemento e estratexia para transformar o sistema.
Procesamento da linguaxe natural e IA xenerativa na práctica clínica, protagonistas no congreso de medicina CIMEC 2025
No CIMEC 2025, o Dr. Marcos Fernández Pichel, investigador da Cátedra USC–Plexus en Intelixencia Artificial aplicada á Medicina Personalizada de Precisión e do CiTIUS, impartiu un obradoiro centrado na aplicación da intelixencia artificial xenerativa e o procesamento da linguaxe natural (NLP) en contornos clínicos.
A Cátedra CAMELIA forma o sistema sanitario galego en intelixencia artificial
A Cátedra USC-Plexus, en colaboración con ACIS e PM4Gov, impulsa esta iniciativa pioneira para avanzar na integración da IA na práctica clínica.
Este ano, a Cátedra USC–Plexus en Intelixencia Artificial aplicada á Medicina Personalizada de Precisión sae á rúa para participar na Noite Europea das Persoas Investigadoras
Este ano, a Cátedra USC–Plexus en Intelixencia Artificial aplicada á Medicina Personalizada de Precisión tivo o pracer de participar na #GNight2025, unha iniciativa na que a ciencia sae á rúa para achegarse á sociedade de forma aberta e participativa.
Carolina Pavez Higueras presenta no CMBBE Symposium 2025 un estudo sobre equidade en algoritmos de decisión sanitaria
Carolina Pavez Higueras presentou no CMBBE Symposium 2025 a ponencia titulada «Fairness in Healthcare Decision-Making Algorithms», coautorada xunto a José María Ferrero de Loma-Osorio e José-Félix Lozano-Aguilar.
Medicina personalizada con novas opcións bioinformáticas
Enmarcado na Cátedra USC Plexus de IA aplicada á Medicina Personalizada de Precisión (CAMELIA), o traballo da investigadora do CiTIUS da USC, Lara María Vázquez González, logrou avanzar na mellora da metaxenómica clínica, propondo melloras decisivas, especialmente no ámbito do microbioma oral.
María A. Zuluaga: «Avanzando a investigación en saúde e a práctica clínica a través dunha intelixencia artificial de confianza»
Nova sesión dentro do Ciclo de conferencias «Investigadoras de prestixio».
Do «Dr. Google» ao ChatGPT: son fiables as respostas da rede a preguntas sobre saúde?
Un estudo publicado na revista científica «NPJ Digital Medicine», do grupo «Nature», analiza o grao de veracidade das respostas que se obteñen en Internet ante dúbidas relacionadas coa saúde, xa sexa a través de buscadores convencionais ou ferramentas de Intelixencia Artificial.
Nace a primeira Cátedra de IA en Medicina Personalizada de Precisión que optimizará a toma de decisións clínicas
USC e Plexus Tech, co respaldo da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, promoven esta iniciativa única en España na personalización dos procesos asistenciais.
A Universidade de Santiago de Compostela contará cunha Cátedra de Intelixencia Artificial en Medicina Personalizada de Precisión, financiada polo Estado e a tecnolóxica Plexus Tech
O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital acaba de facer pública a lista de universidades españolas que recibirán financiamento para Cátedras de Intelixencia Artificial, entre as que destaca a cátedra universidade-empresa da USC e Plexus Tech, liderada polo CiTIUS.












































