ES | GAL
Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia canal Yotube
Difusión

Que pensan os futuros profesionais da saúde sobre a Intelixencia Artificial?

Que pensan os futuros profesionais da saúde sobre a Intelixencia Artificial?
Desde a Cátedra USC – Plexus en Intelixencia Artificial aplicada á Medicina Personalizada de Precisión presentamos os resultados dunha enquisa a 758 estudantes universitarios de Ciencias da Saúde co obxectivo de coñecer o seu nivel de coñecemento, os intereses e as necesidades formativas.

Este estudo destaca algunhas cuestións significativas:
  • Case o 80 % do estudantado de Ciencias da Saúde declara un nivel básico de coñecementos en IA, pero mostra un alto interese en formarse.
  • Prefiren formatos en liña e híbridos, cun enfoque teórico-práctico e aplicable ao ámbito clínico.
  • As áreas de maior interese: xestión sanitaria e práctica clínica.
  • Xorden inquietudes éticas: deshumanización, uso de datos e fiabilidade dos sistemas.
Podes atopar o estudo completo adxunto ou acceder a través do seguinte enlace.