Asesoría en IA aplicada á Medicina Personalizada de Precisión
Na Cátedra USC-Plexus de IA en Medicina Personalizada de Precisión (CAMELIA) ofrecemos orientación especializada para acompañar a institucións, profesionais, empresas e equipos de investigación na integración ética, responsable e estratéxica de tecnoloxías baseadas en Intelixencia Artificial. O noso traballo baséase na formación, a investigación e a innovación para impulsar o sistema de saúde máis preciso, equitativo e sostible. Desde a análise avanzada de datos ata o deseño de procesos, proxectos e políticas, axudamos a transformar ideas en solucións que melloren a práctica clínica, fortalezan a toma de decisións e contribúan a unha medicina personalizada aliñada cos valores científicos, sociais e culturais que guían a nosa misión.