Comité Científico
O Comité Científico funciona como un consello asesor xeral, especialmente en asuntos de actividade da Cátedra relacionados coa investigación e a formación, e garante a calidade e a relevancia da investigación, a transferencia e a formación desenvolvidas pola Cátedra, en particular as de intelixencia artificial e a súa aplicación á Medicina de Precisión Personalizada.
María José Alonso Fernández
Catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica na USC e membro da Real Academia Nacional de Farmacia, e da Academia de Medicina dos Estados Unidos.
Ángel Carracedo
Catedrático de Medicina Legal na USC e Director do Instituto de Medicina Legal e Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.
Ulises Cortés
Investigador e Profesor no Departamento de Ciencias da Computación (IA) na U. Politécnica de Cataluña e do BSC.
Jaume Marrugat
Investigador Senior no Instituto de Investigación IMIM de Barcelona.
María Pilar Nicolás Jiménez
Investigadora Principal de Ciencias Sociais e Xurídicas aplicadas ás tecnociencias da U. do País Vasco.
Marina Pollán Santamaría
Directora do Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII), Profesora de Investigación do Centro Nacional de Epidemioloxía e Directora científica do Consorcio de Investigación Biomédica en Epidemioloxía e Saúde Pública.
María Rodríguez Martínez
Líder Técnica de Sistemas Biolóxicos en IBM (Suíza) e Membro Asociado do Departamento de Bioloxía en ETH.
Alfonso Valencia
Profesor de Investigación ICREA, Director do Departamento de Ciencias da Vida do Barcelona Supercomputing Center e Director do Instituto Nacional de Bioinformática INB-ELIXIR-ES.