ES | GAL
Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia canal Yotube
Quen somos

IA e medicina personalizada de precisión: formar, investigar, innovar e conscienciar.

A cátedra USC-Plexus de IA en Medicina Personalizada de Precisión (CAMELIA) nace co propósito de impulsar a transformación do sistema de saúde a través da integración de tecnoloxías intelixentes, a análise de grandes volumes de datos e a aplicación da intelixencia artificial. O seu obxectivo é acelerar o desenvolvemento da MPP en España, fomentando a formación de profesionais da saúde no uso ético e responsable destas ferramentas, promovendo a investigación, a innovación e a colaboración público-privada a nivel nacional e internacional. Comprometida con principios éticos, socioeconómicos, culturais e de xénero, a Cátedra busca non só mellorar a calidade de vida das persoas, senón tamén sensibilizar a sociedade sobre a importancia dun enfoque de saúde personalizado, sostible e baseado no coñecemento científico máis avanzado.

OBXECTIVOS

Obxectivos

CAMELIA busca promover e desenvolver a MPP para transformar o sistema de saúde cara un modelo máis personalizado, preventivo e participativo. Enfócase en liderar a integración da intelixencia artificial, garantindo un uso ético dos datos de saúde. O seu obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas, asegurar a sostibilidade do sistema sanitario e xerar un impacto positivo na sociedade mediante a innovación, a formación de talento e a creación de entornos colaborativos que impulsen o avance científico e tecnolóxico en saúde.

LIÑAS DE ACTUACIÓN

Liñas de Actuación

Impulso da IA aplicada á MPP a través da investigación avanzada, colaboración con axentes público-privados, formación transversal e difusión á sociedade

  • Formación

    FORMACIÓN

    IA e IA aplicada a saúde e MPP. Destinatarios: Grao e posgrao en CC. da Saúde e posgrao STEM; profesionais CC. da Saúde; Xestores sanitarios e responsables de políticas públicas.

  • Investigación

    INVESTIGACIÓN

    Dinamización de liñas de investigación en IA aplicada á saúde e á MPP e atracción de talento.

  • Transferencia

    TRANSFERENCIA

    Apoio á tradución á sociedade e ao mercado de resultados de investigación (patentamento, licenciamento, empreendimento, contratos de transferencia...).

  • Asesoría

    ASESORÍA

    Asesoramento en temas técnicos sobre IA e en cumprimento normativo e marco ético no desenvolvemento de proxectos de investigación e transferencia.

  • Difusión

    DIFUSIÓN

    Información e concienciación da sociedade.