Descubrimento de fármacos: aplicación de técnicas de aprendizaxe profunda para resolver diversos problemas relacionados co descobrimento de fármacos, como a predición da toxicidade de medicamentos ou a predición da afinidade entre fármacos e proteínas.
Avaliación, cuantificación e minimización do impacto de sesgos e mellora de explicabilidade: novas técnicas para aplicar cando se utilizan métodos de aprendizaxe automática con imaxes de ecografía fetal. Proxecto COLLAGE (AEI): detección temperá de nenos pequenos e vulnerables. novas técnicas para aplicar cando se utilizan métodos de aprendizaxe automática con imaxes de ecografía fetal. Proxecto COLLAGE (AEI): detección temperá de nenos pequenos e vulnerables.
Clasificación e anotación semántica en textos biomédicos. ferramenta baseada en grandes modelos de linguaxe (LLMs) e grafos de coñecemento (KGs) para: 1) mellorar a recuperación de información e a análise de textos científicos, 2) facilitar a integración do coñecemento biomédico en sistemas de apoio á decisión clínica e investigación médica.
Protonterap-IA: ferramenta de apoio á toma de decisións: novos modelos de IA para seleccionar os pacientes que maior beneficio poidan obter da nova terapia de protóns no Centro de Protonterapia de Galicia. Proxecto Protonterap-IA ISCIII
Metaxenómica clínica: desenvolvemento dun modelo baseado en aprendizaxe profunda para a análise de metaxenómica clínica (detección de enfermidades sistémicas como periodontite ou cancro a partir de mostras de saliva). Proxecto ISCIII.
Xenética do TDAH: deseño de ferramentas para contrastar hipótese con datos de alta dimensión. Caso de uso con datos de TDAH.
Asistente intelixente multimodal fiable para medicina personalizada: combinación de técnicas de IA fiable para un análise robusta, segura e explicable de datos médicos, con tecnoloxías da linguaxe que garantan unha comunicación personalizada (clara, natural, interactiva, afectiva e multimodal) do coñecemento extraído automaticamente, unha vez verificada a súa veracidade con fontes clínicas de referencia.