ES | GAL
Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia canal Yotube
Difusión

Profesionais de saúde e IA analizan no CESGA os retos e oportunidades para impulsar a intelixencia artificial sanitaria na Xornada EUROCC2

Profesionais de saúde e IA analizan no CESGA os retos e oportunidades para impulsar a intelixencia artificial sanitaria na Xornada EUROCC2
Este luns a cátedra CAMELIA participou na Xornada de Dinamización EUROCC2 no marco do proxecto EuroCC Spain RES organizada no CESGA centrada en reflexionar sobre como avanzar cara a un maior uso das tecnoloxías de Intelixencia Artificial no ámbito da saúde.

Durante a sesión —que reuniu a diferentes perfís profesionais do sector da saúde e a IA— a través do traballo en equipo e o debate abordouse o estado actual e o potencial da IA aplicada á saúde, destacando algunhas das súas principais contribucións na optimización e automatización de procesos, a mellora da precisión diagnóstica ou a personalización dos tratamentos. Ao mesmo tempo, identificáronse os principais retos que frenan a súa implantación, como a interoperabilidade, a calidade e acceso aos datos ou a falta de formación especializada. Por último, de forma conxunta, propuxéronse diferentes liñas de acción necesarias para impulsar un uso máis amplo, responsable e beneficioso, incluíndo a mellora de infraestruturas, a creación de espazos seguros de datos, a incorporación de perfís técnicos e unha maior formación en IA dos perfís sanitarios e técnicos.