ES | GAL
Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia canal Yotube
Difusión

A cátedra CAMELIA presenta por primeira vez un reto no Impacthon 2026 organizado polo Google Developer Groups de Santiago de Compostela

A cátedra CAMELIA presenta por primeira vez un reto no Impacthon 2026 organizado polo Google Developer Groups de Santiago de Compostela
O pasado fin de semana, a Cátedra USC – Plexus en Intelixencia Artificial aplicada á Medicina Personalizada de Precisión participou por primeira vez no Impacthon 2026, un hackathon tecnolóxico organizado por Google Developer Groups (GDG) de Santiago de Compostela e celebrado na Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE-USC) da Universidade de Santiago de Compostela.

Durante 36 intensas horas, máis de 140 estudantes, profesionais e persoas emprendedoras traballaron de forma colaborativa para desenvolver solucións tecnolóxicas con impacto real, transformando ideas en proxectos tanxibles.

Neste contexto, a Cátedra USC–Plexus en Intelixencia Artificial aplicada á Medicina Personalizada de Precisión presentou o reto "LocalFold: Interface web intuitiva para predición de proteínas". Este desafío propoñía a creación dun portal web accesible que permitise ao persoal investigador introducir secuencias de proteínas, executar predicións nun contorno simulado similar ao do CESGA e visualizar os resultados en 3D con métricas de confianza. O obxectivo: achegar ferramentas avanzadas de intelixencia artificial a usuarios non técnicos.

As propostas recibidas polos 14 equipos que decidiron enfrontarse a este reto destacaron pola súa calidade, creatividade e aplicabilidade, consolidando o éxito do reto. Desde a Cátedra CAMELIA queremos felicitar a todas as persoas participantes, así como aos equipos gañadores e a quen fixeron posible esta experiencia enriquecedora. Sen dúbida, unha edición do Impacthon que deixa pegada e reforza o compromiso coa innovación tecnolóxica ao servizo da sociedade.