CAMELIA celebra a súa primeira xornada de investigadores/as «Ata a IA e máis aló: Novos horizontes da Medicina Personalizada»

O pasado 14 de abril tivo lugar en Santiago de Compostela a primeira Xornada de Investigadores/as de CAMELIA titulada "Ata a IA e máis alá: Novos horizontes da Medicina Personalizada", impulsada e organizada pola Cátedra USC-Plexus de Intelixencia Artificial aplicada á Medicina Personalizada de Precisión.
O encontro reuniu a estudantado, persoal investigador e profesionais do ámbito tecnolóxico e sanitario co obxectivo de analizar o presente e futuro da intelixencia artificial en saúde. Ao longo da mañá, o programa combinou un concurso de pitches de investigación, unha charla invitada e unha mesa redonda con expertos de referencia.
Un dos momentos centrais da xornada foi o concurso de pitches, no que o persoal investigador de CAMELIA presentou as súas liñas de traballo en formato breve e competitivo. Estas presentacións puxeron en valor a aplicabilidade e o impacto potencial dos proxectos no ámbito da IA en saúde nunha xornada aberta ao público que serviu como un espazo compartido de debate.
O xurado, integrado por profesionais participantes na posterior mesa redonda —María Díaz Pousa (Plexus Tech), Fernando Eiras Abalde (CHUVI-SERGAS), María Esteller Fernández (Agencia Española de Supervisión de la Inteligencia Artificial), Fran Laport López (Gradiant) e Tomás Teijeiro Campo (BCAM-UPV/EHU)— avaliou as propostas atendendo a criterios como a capacidade comunicativa, a claridade expositiva, a calidade do soporte visual, a solidez nas respostas e a relevancia e impacto da investigación.
A xornada continuou coa charla "An optimistic view of the awful world of research (in AI)", impartida por Tomás Teijeiro Campo, investigador posdoutoral no BCAM - Basque Center for Applied Mathematics, que ofreceu unha visión próxima e realista sobre a carreira investigadora en intelixencia artificial, compartindo reflexións e aprendizaxes desde a súa propia experiencia no ámbito académico.
A continuación, tivo lugar a mesa redonda "Medicina personalizada: retos, empregabilidade e futuro impulsado pola IA", na que participaron os mesmos membros do xurado conformando un panel multidisciplinar —industria, sistema sanitario, administración pública e centros tecnolóxicos—. O debate permitiu abordar os principais desafíos do sector, así como as oportunidades emerxentes e a evolución dos perfís profesionais vinculados á IA en saúde.
A mañá culminou coa entrega de premios ás tres primeiras posicións do concurso pitch. Tras uns resultados moi axustados en que as décimas decantarían as primeiras posicións, Carolina Pavez Higueras obtivo o terceiro lugar coa súa charla "Todas as nais son iguais, pero algunhas son máis iguais que outras: Equidade algorítmica e medicina fetal". Pola outra banda, José Manuel Lamas Pérez quedou no segundo posto coa súa presentación "GATTACA: Genomic Analysis using Transformer Technology for Accurate Clinical Assessment", mentres que Richard Rio Juan conseguiu o primeiro premio coa súa poñencia titulada "Medindo o beneficio clínico da Protonterapia en pacientes con cancro de cabeza e pescozo mediante modelos predictivos".
A xornada permitiu dar visibilidade ás liñas de investigación desenvolvidas no marco de CAMELIA, así como fomentar o intercambio de coñecemento e o debate en torno ás oportunidades profesionais e os retos emerxentes neste ámbito. Con iniciativas como esta, CAMELIA continúa impulsando a investigación, a colaboración e a reflexión en torno ao papel da IA na transformación do sistema sanitario.