Computación e Metodoloxías Avanzadas de IA | Voces de CAMELIA #5 con Joaquín Dopazo Blázquez

A serie Voces de CAMELIA lanza unha nova entrega con Joaquín Dopazo, director da Plataforma de Medicina Computacional de Andalucía na Fundación Progreso e Saúde. Nesta nova entrega abórdase o papel clave dos datos no ámbito biomédico e como a Intelixencia Artificial pode transformar o seu uso dentro do sistema sanitario.
Durante a conversación ponse de manifesto o enorme volume de datos xerados no contorno clínico e as limitacións existentes para a súa utilización, especialmente en investigación, debido á necesidade de garantir a privacidade e a protección dos pacientes. Tamén se analiza como as novas regulacións, como o Espazo Europeo de Datos Sanitarios, poden facilitar un uso máis seguro e eficiente destes datos, sempre baixo criterios éticos e en contornos de procesamento seguros. Ademais, reflexiónase sobre o impacto da regulación en intelixencia artificial, destacando que, aínda que pode supoñer certas restriccións, tamén é clave para garantir un uso responsable destas tecnoloxías en contextos sensibles como o sanitario. Por outra parte, explórase o potencial da medicina personalizada e a prevención, onde a aplicación da IA a datos clínicos pode mellorar a capacidade de predición e contribuír a sistemas de saúde máis sostibles e eficientes.
O vídeo completo desta entrega xa está dispoñible en YouTube neste enlace. A serie continúa achegando a visión de referentes que lideran a innovación no ámbito sanitario. Convidámoste a ver esta nova entrega e a seguir a serie para coñecer a visión doutras persoas referentes do sector.