ES | GAL
Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia canal Yotube
Difusión

María José Carreira Nouche participou como poñente no programa formativo «Medicina Personalizada e de Precisión: Presente e Futuro» impulsado polo SERGAS

María José Carreira Nouche participou como poñente no programa formativo «Medicina Personalizada e de Precisión: Presente e Futuro» impulsado polo SERGAS
María José Carreira (Secretaria Académica da Cátedra USC – Plexus en Intelixencia Artificial aplicada á Medicina Personalizada de Precisión) interveu na sesión "Manexo de datos xenómicos e Intelixencia Artificial: Aplicabilidade á medicina personalizada". Sesión moderada por Begoña Graña, xefa de servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP), e na que participaron tamén María Vergara Pinilla (Relacións Institucionais de Illumina España) e Joaquin Dopazo (Director da Plataforma de Medicina Computacional da Fundación Progreso e Saúde).

Durante a súa intervención, María José presentou exemplos de proxectos nos que a IA permitiu clasificar tumores, predicir respostas farmacolóxicas ou identificar síndromes xenéticos a partir de imaxes faciais, destacando o seu impacto crecente na práctica clínica.

Ademais, subliñou a necesidade de formación e colaboración entre profesionais clínicos e enxeñeiros, recordando que:
"Queremos que a Intelixencia Artificial se vexa como unha ferramenta útil, non como unha ameaza. Por iso formamos a persoal médico e estudantado para que comprendan como pode mellorar o seu traballo".

Mirando ao futuro, destacou que a clave estará na integración multimodal, capaz de combinar xenómica, proteómica, imaxes médicas e historia clínica electrónica para avanzar cara a unha atención verdadeiramente predictiva, personalizada e de precisión.

Máis información sobre o curso neste enlace.