ES | GAL
Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia canal Yotube
Difusión

Este ano, a Cátedra USC–Plexus en Intelixencia Artificial aplicada á Medicina Personalizada de Precisión sae á rúa para participar na Noite Europea das Persoas Investigadoras

Este ano, a Cátedra USC–Plexus en Intelixencia Artificial aplicada á Medicina Personalizada de Precisión sae á rúa para participar na Noite Europea das Persoas Investigadoras
Este ano, a Cátedra USC–Plexus en Intelixencia Artificial aplicada á Medicina Personalizada de Precisión tivo o pracer de participar na #GNight2025, unha iniciativa na que a ciencia sae á rúa para achegarse á sociedade de forma aberta e participativa.

Nesta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, o equipo da Cátedra presentou un dos seus obradoiros máis divulgativos: "Algoritmos de IA que analizan en tempo real un electrocardiograma". A través de demostracións prácticas, as persoas asistentes puideron coñecer como os sistemas de intelixencia artificial son capaces de interpretar sinais cardíacas ao instante, identificar patróns e apoiar a toma de decisións clínicas, contribuíndo así a unha medicina máis precisa e personalizada.

A actividade permitiu explicar, de maneira accesible, como se adestran estes modelos, que tipo de datos utilizan e cales son os retos actuais en termos de fiabilidade, ética e aplicación clínica. Ademais, xerouse un espazo de diálogo no que o público puido formular preguntas e reflexionar sobre o impacto da IA na atención sanitaria do futuro.