CAMELIA participa no II Foro de Intelixencia Artificial para o Sistema de Saúde

A Cátedra CAMELIA participou no II Foro de Intelixencia Artificial para o Sistema de Saúde, organizado pola Sociedade Española de Informática da Saúde (SEIS) na Coruña. O encontro reuniu durante dúas xornadas a representantes da administración, a investigación, o ámbito sanitario e o sector tecnolóxico para analizar os principais retos e oportunidades asociados á incorporación da intelixencia artificial ao sistema de saúde.
O director de CAMELIA, Senén Barro Ameneiro, participou na mesa «Mirada científica á IA en Saúde», moderada por Alejandro Pazos, catedrático da Área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña. A mesa contou tamén coa participación de Marcos Ortega Hortas, Víctor Maojo, Martin Krallinger, Pablo Parente Arias e Juan Carlos Sánchez Rosado. Durante a sesión abordouse o estado actual da investigación en intelixencia artificial aplicada á saúde e as principais liñas de desenvolvemento, así como os retos que formula a súa incorporación ao ámbito clínico e asistencial.
Ademais, CAMELIA participou na organización da mesa «Sustentabilidade da IA en saúde», moderada por Noemí Cívicos Villa, directora xeral de Saúde Dixital e Sistemas de Información para o Sistema Nacional de Saúde do Ministerio de Sanidade. Nela participaron Lois Orosa Nogueira, Francisco Javier García Vieira, José Luis Enríquez Rodríguez, Jesús Doña Fernández, Martín López Aldrey e Josep Vehi. Esta segunda mesa puxo o foco nas condicións necesarias para favorecer un despregamento sustentable da IA no sistema sanitario, abordando cuestións relacionadas coas infraestruturas, os recursos, o financiamento, as capacidades tecnolóxicas e a escalabilidade destas solucións.
A participación de CAMELIA neste foro reforza o noso compromiso de manter un contacto próximo e continuo cos principais axentes implicados na transformación do sistema sanitario como universidade, empresas, administración e profesionais da saúde, entre outros, contribuíndo activamente á posta en marcha dun camiño conxunto e coordinado en base a un obxectivo común.