Investigación biomédica e intelixencia artificial en farmacia hospitalaria

A pasada semana a Cátedra USC - Plexus de IA aplicada á Medicina Personalizada de Precisión participou no Curso de Investigación Biomédica en Farmacia Hospitalaria (#IBFH), organizado por FarmaCHUSLab do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela.
Este encontro reuniu a destacados profesionais e referentes do sector, consolidándose como un espazo clave para o intercambio de coñecemento e o impulso da investigación no ámbito da farmacia hospitalaria.
Neste contexto, o noso director, Senén Barro Ameneiro, abordou o impacto da intelixencia artificial no ámbito sanitario, poñendo o foco no papel cada vez máis relevante destas tecnoloxías na investigación biomédica. Durante a súa intervención, destacou como "a combinación de datos e linguaxe natural está abrindo unha nova era na saúde".
Unha transformación que xa está redefinindo os procesos de investigación, así como a maneira en que se diagnostica e se trata aos pacientes, marcando o inicio dun novo paradigma no sistema sanitario.