ES | GAL
Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia canal Yotube
Difusión

Conferencia «Surgimind» para a segmentación de imaxes cirúrxicas mediante redes neuronais para a cirurxía do cancro de pulmón

Conferencia «Surgimind» para a segmentación de imaxes cirúrxicas mediante redes neuronais para a cirurxía do cancro de pulmón

A conferencia enmárcase no programa de actividades da 'Cátedra USC-Plexus de IA aplicada á Medicina Personalizada de Precisión', liderada polo CiTIUS, e está dirixida a un público xeral con coñecementos básicos en ciencias da computación e intelixencia artificial.

Sobre o poñente

Antonio Rodríguez-Sánchez é actualmente profesor titular no grupo de Sistemas Intelixentes e Interactivos (IIS) do departamento de Informática da Universidade de Innsbruck (Austria). En 2010 completou o seu doutoramento no Centro de Investigación da Visión (Universidade de York, Toronto, Canadá) sobre o modelado da atención e as áreas intermedias da cortiza visual, baixo a supervisión do profesor John K. Tsotsos (Canada Research Chair in Computational Vision). Os seus intereses de investigación actuais abarcan diferentes áreas da intelixencia artificial: neurociencia computacional, redes neuronais profundas, visión por computador, aprendizaxe automática e robótica.

Ligazón ao vídeo da conferencia