ES | GAL
Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia canal Yotube
Difusión

CAMELIA participa na segunda edición de GALIA TECH para achegar a IA ao tecido produtivo galego

CAMELIA participa na segunda edición de GALIA TECH para achegar a IA ao tecido produtivo galego
A Cátedra USC-Plexus de Intelixencia Artificial aplicada á Medicina Personalizada de Precisión (CAMELIA) participou na segunda edición de GALIA TECH, un encontro impulsado por DATAlife co obxectivo de achegar a Intelixencia Artificial ao tecido produtivo galego e favorecer a colaboración entre empresas, universidades e axentes do ecosistema de innovación.

A xornada reuniu a 150 asistentes e contou cun programa que combinou mesas redondas, relatorios e demostradores tecnolóxicos, ofrecendo un espazo para coñecer de preto algunhas das aplicacións da IA e abordar os principais retos e oportunidades asociados ao seu desenvolvemento e implantación.

A participación de CAMELIA permitiu poñer o foco nas posibilidades que ofrece a Intelixencia Artificial no ámbito sanitario e, especialmente, na necesidade de avanzar cara a unha incorporación destas tecnoloxías que sexa útil, fiable e plenamente integrada nos procesos asistenciais.

Neste contexto, durante o encontro María José Carreira, secretaria académica da cátedra, destacaba unha reflexión sobre o futuro da IA na saúde: «a mellor IA sanitaria será probablemente aquela da que deixemos de falar porque funciona de maneira fiable, está integrada nos procesos asistenciais e permite que os profesionais sanitarios dediquen máis tempo ao que realmente importa: escoitar, acompañar e atender as persoas».

Coa súa participación en GALIA TECH, CAMELIA continúa impulsando o diálogo entre investigación, tecnoloxía, empresa e sociedade, contribuíndo a xerar coñecemento e a promover unha Intelixencia Artificial aplicada á saúde. A segunda edición de GALIA TECH dá continuidade así a un espazo de encontro que busca achegar a IA á realidade do tecido produtivo galego e fomentar novas sinerxías ao redor do seu desenvolvemento e aplicac