ES | GAL
Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia canal Yotube
Difusión

Supercomputación e intelixencia artificial, a debate no XI Fórum RIES 2026

Supercomputación e intelixencia artificial, a debate no XI Fórum RIES 2026
O encontro Fórum RIES 2026, impulsado polo Cluster Saúde de Galicia, contou un ano máis coa colaboración da Cátedra USC-Plexus de IA aplicada á Medicina Personalizada de Precisión. O evento, que acaba de celebrarse na illa da Toxa baixo o lema \" Impulsando o futuro da saúde global desde Galicia, reuniu a responsables institucionais, empresas, investigadores, profesionais sanitarios e investidores para analizar os grandes retos do sector: a intelixencia artificial aplicada á saúde, a medicina personalizada, a biomedicina, a lonxevidade, a saúde circular e os novos modelos de atención centrados nas persoas.

O director da Cátedra USC-Plexus, Senén Barro, foi o encargado de moderar a mesa de debate sobre supercomputación e intelixencia artificial, dedicada ás infraestruturas de computación de altas prestacións para a IA en saúde desde unha perspectiva One Health. Interviñeron Lois Orosa, director do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) ; Jeremy Darot, responsable de Intelixencia Artificial e Ciencia de Datos do Goberno de Escocia; Julián Cerviño Iglesia, de NTT DATA Europe& Latam, e Myriam Fernández, de Amazon Web Services.

Once edicións impulsando a innovación en saúde.

O Fórum RIES 2026 reuniu durante dous días a máis de 300 participantes do ámbito público e privado, e consolídase como un espazo de referencia para a cooperación, o intercambio de coñecemento e a xeración de proxectos colaborativos en saúde.

Esta edición contou con Zendal e o CESGA como grandes protagonistas. O seu papel reflicte a aposta de Galicia pola investigación biomédica, a supercomputación e a intelixencia artificial aplicada á saúde, e a súa proxección internacional.

Co respaldo da Xunta de Galicia, o IGAPE e a implicación de empresas, universidades e centros tecnolóxicos, o Fórum RIES26 constitúe como unha cita clave para impulsar a innovación sanitaria desde Galicia cara ao contexto global.