Presentamos Voces de CAMELIA #1 con Senén Barro Ameneiro | IA e Medicina Personalizada de Precisión

Desde a Cátedra USC – Plexus en Intelixencia Artificial aplicada á Medicina Personalizada de Precisión lanzamos unha nova serie de breves pílulas de vídeo nas que distintas personalidades de referencia do ámbito científico, tecnolóxico e sanitario comparten a súa visión sobre o impacto da Intelixencia Artificial na medicina.
Inauguramos a serie con Senén Barro Ameneiro, director do CiTIUS - Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela e director da Cátedra CAMELIA.
Nesta primeira conversación abórdanse cuestións clave como:
Convidámoste a ver o primeiro vídeo e a seguir a serie para coñecer a visión doutras persoas referentes do sector.

- O papel da IA como motor para o avance na medicina personalizada de precisión.
- O impacto tanxible en áreas como o deseño de fármacos ou a bioloxía estrutural.
- A realidade sobre automatización e profesión médica: a IA como ferramenta de apoio, non de substitución.
Convidámoste a ver o primeiro vídeo e a seguir a serie para coñecer a visión doutras persoas referentes do sector.