ES | GAL
Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia canal Yotube
Novidades

Dispoñible a segunda entrega de «Voces de CAMELIA» | Adopción Tecnolóxica en Sanidade

Dispoñible a segunda entrega de «Voces de CAMELIA» | Adopción Tecnolóxica en Sanidade
Nesta conversación abordamos un tema clave para o presente e futuro da IA en medicina: o reto non é a tecnoloxía, senón a súa adopción.

Nesta nova entrega abórdanse temas clave para a adopción tecnolóxica en sanidade como:
  • A formación dos profesionais sanitarios.
  • A integración efectiva da IA nos procesos asistenciais.
  • A adaptación a un marco regulatorio europeo que aposta por unha IA ética, explicable e transparente.
Como sinala José Manuel Chao Ardao, a IA non debe limitarse a optimizar o existente: debe impulsar unha transformación real dos procesos sanitarios.

A Cátedra CAMELIA —impulsada conxuntamente pola Universidade de Santiago de Compostela e Plexus Tech— nace precisamente con ese obxectivo: xerar talento, coñecemento e especialización en Intelixencia Artificial aplicada á medicina desde Galicia para o mundo. 

Vídeo completo dispoñible en YouTube neste enlace. 

Convidámoste a ver esta segunda entrega e a seguir a serie para coñecer a visión doutras persoas referentes do sector.