ES | GAL
Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia canal Yotube
Eventos

Xornada CAMELIA - Ata a IA e máis aló: Novos horizontes da Medicina Personalizada

Xornada CAMELIA - Ata a IA e máis aló: Novos horizontes da Medicina Personalizada
Xornada CAMELIA - Ata a IA e máis aló: Novos horizontes da Medicina Personalizada

O 14 de abril organizarase a primeira xornada de CAMELIA, organizada polos e polas investigadoras contratados neste proxecto. O programa incluirá un concurso de pitches, unha ponencia principal e unha mesa redonda formada polos membros do xurado. O obxectivo da xornada é explorar o futuro da IA no ámbito da saúde, con especial atención ao papel que desempeñarán os/as investigadores/as e especialistas en IA. Así mesmo, abordaranse temas relacionados coa empregabilidade, as competencias emerxentes e as perspectivas de futuro desde a visión de persoas expertas procedentes de distintos sectores: academia, industria e administracións públicas.

Programa da xornada

9:00 a 11:00 | Concurso Pitch: IA e Medicina Personalizada
Persoal investigador da Cátedra CAMELIA

11:00 a 11:30 | Descanso café

11:30 a 12:00 | Charla presentación - An optimistic view of the awful world of research (in AI)

Tomás Teijeiro Campo, Investigador Ramón e Cajal, BCAM-UPV/EHU

12:00 a 13:00 | Mesa Redonda - Medicina personalizada: retos, empregabilidade e futuro impulsado pola IA
María Díaz Pousa, Directora de Solucións Sociosanitarias, Plexus Tech
Fernando Eiras Abalde, Médico especialista en Medicina Intensiva, CHUVI-SERGAS
María Esteller Fernández, Subdirectora, Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial
Fran Laport López, Investigador Enxeñeiro Senior en IA do equipo eHealth, Gradiant
Tomás Teijeiro Campo, Investigador Ramón e Cajal, BCAM-UPV/EHU

Lugar: Salón de actos do CiTIUS - Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes
Hora: 14 de abril de 2026 de 09:30 – 13:00
Dirixido a: Persoal investigador de enxeñaría en Informática, Ciencias da Computación, Intelixencia Artificial, Ciencias da Saúde ou áreas afíns.
A asistencia é libre e non require inscrición previa.