CURSO DE VERÁN

Este curso de verán afondará na aplicación da intelixencia artificial na medicina personalizada e de precisión. Explorará como estas tecnoloxías están a transformar a atención médica, desde diagnósticos máis precisos ata terapias adaptadas ás características de cada paciente. Ademais, abordará os desafíos éticos, legais, sociais e económicos do uso da IA en saúde.
Toda persoa inscrita nun curso de verán que cumpra coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso recibirá un diploma acreditativo no que constará o seu nome completo, número de identificación, título do curso, datas e número de horas lectivas.
A USC recoñece os cursos da Universidade de Verán a efectos de créditos ECTS en todas as titulacións de Grao para o alumnado da USC que estivese matriculado nun grao no momento de realizar o curso de verán e recibirán a tal efecto un certificado de crédito, sempre e cando cumpran coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso, coa seguinte equivalencia: 2 créditos por cada curso de 25 ou máis horas e 1 crédito por cada curso de menos de 25 horas (máximo 12 créditos en total, RR do 5/12/2025).