Licencieime en Físicas na Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1993, obtendo en 1999 o título de Doutor na mesma universidade. Desde 2002, son profesor titular na área de Informática e Intelixencia Artificial. Coordinéi a posta en marcha do CiTIUS, promovendo e participando na definición dos seus primeiros plans estratéxicos, sendo o director comisario do centro desde o ano 2010 ata o 2019 e director adxunto desde 2019 ata 2020.
O meu interese investigador céntrase nas áreas de aprendizaxe automática probabilística e razoamento temporal abdutivo, con aplicacións en series temporais, particularmente no dominio da biomedicina.