ES | GAL
Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia canal Yotube

David Díaz López

 David Díaz López
Investigador

Graduado en Enxeñaría Informática pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). No meu Traballo de Fin de Grao desenvolvín unha funcionalidade de optimización integrada nun módulo de explicabilidade baseado en valores SHAP. En concreto, levei a cabo a aplicación de diferentes algoritmos de clustering sobre os valores SHAP, así como o deseño dun algoritmo xenético adaptado a problemas de optimización de variables mixtas (MVOPs), incorporando un esquema de selección de modelo substituto como función de fitness.

A miña liña de investigación enmárcase no aliñamento de ontoloxías no dominio da biomedicina. En concreto, actualmente traballo na mellora da proposta MILA, incorporando unha fase adicional de análise léxica que permita detectar patróns presentes nas correspondencias e, a partir deles, mellorar tanto a precisión como a eficiencia do proceso de aliñamento.

Perfis de Investigación


Perfis Sociais