ES | GAL
Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia canal Yotube

Rosa María Crujeiras Casais

Rosa María Crujeiras Casais
Catedrática da Universidade

Son Catedrática de Estatística e Investigación Operativa na Universidade de Santiago de Compostela e, desde 2021, Directora Científica do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia, CITMAga.

A miña investigación enmárcase no ámbito da estatística matemática para datos complexos, especialmente no deseño de metodoloxías de inferencia para datos dependentes (procesos temporais e/ou espaciais) e datos direccionais (datos circulares, esféricos e hiperesféricos).

Fun coautora de traballos en revistas de recoñecido prestixio como Annals of Applied Statistics, Biometrics, Journal of the American Statistical Association ou Scandinavian Journal of Statistics, entre outros. A miña investigación aplicada presenta un marcado carácter interdisciplinar, colaborando con grupos de investigación de ámbitos diversos como a enxeñaría, a biomedicina ou a lingüística. Ademais, a maioría dos métodos desenvolvidos en colaboración cos meus coautores e coautoras están dispoñibles para a comunidade científica a través de paquetes de software libre, contribuíndo á difusión do coñecemento e cumprindo coas directrices da Ciencia Aberta.

No ano 2023 recibín o Premio ao Talento Científico Xove 2023 da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais e, en 2024, xunto coas profesoras M. Alonso e I. Gijbels, o Premio á Mellor Contribución Metodolóxica en Estatística da Sociedade de Estatística e Investigación Operativa (SEIO) e a Fundación BBVA (FBBVA).

Ocupei diversos cargos de xestión na universidade (secretaria de instituto, vicedecana, adxunta a vicerreitoría e vicerreitora), así como en sociedades científicas. Entre 2022 e 2025, fun vogal do Consello Académico da SEIO e actualmente son membro do Executive Board de EU-maths-in, a Rede Europea de Matemática e Industria.

Perfis de Investigación


Perfis Sociais