ES | GAL
Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia canal Yotube

Luis García Romarís

Luis García Romarís
Investigador

Son graduado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC, España), e actualmente continúo a miña formación no Máster en Técnicas Estatísticas da USC.

A miña liña de investigación enmárcase dentro da Análise de Datos Funcionais, póla da estatística que se ocupa de estudar funcións ou curvas como obxectos estatísticos. En concreto, dedícome ao estudo e desenvolvemento de técnicas de estimación e especificación de modelos preditivos para datos funcionais. Aínda máis en particular, o meu interese atópase na regresión dinámica funcional, técnica que xa foi empregada con éxito en diversos contextos e con gran potencial para a súa aplicación dentro da contorna biosanitaria.

Perfis de Investigación


Perfis Sociais