ES | GAL
Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia canal Yotube

Gabriel Bernardino Pérez

Gabriel Bernardino Pérez
Investigador Ramón e Cajal

Son enxeñeiro informático e graduado en matemáticas pola Universitat Politècnica de Catalunya, e teño un Máster en matemáticas pola universidade de Bonn. Posteriormente, fixen un doutoramento en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións na Universitat Pompeu Fabra, e fun investigador posdoutoral no laboratorio CREATIS (Lyon, Francia). Actualmente, son investigador Ramón y Cajal no departamento de Enxeñaría da Universitat Pompeu Fabra (Barcelona), onde colidero o grupo de investigación TransCOR especializado en análise e interpretación automática de imaxes cardiovasculares.

A miña liña de investigación principal é o desenvolvemento e uso de modelos computacionais de machine learning para mellorar a detección e comprensión das enfermidades fetais en imaxes por ultrasóns; sobre todo incorporando coñecemento previo proveniente da biofísica, ou da fisioloxía. Colaboro con hospitais de referencia nacionais (Hospital Clínic de Barcelona - Casa de la Maternitat; Hospital Sant Joan de Déu) e internacionais (Sickkids).

Perfis de Investigación


Perfis Sociais