ES | GAL
Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia canal Yotube

Inmaculada Tomás Carmona

Inmaculada Tomás Carmona
Catedrática da Universidade

Son profesora Catedrática de Universidade da Área de Estomatoloxía no Departamento de Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas na Universidade de Santiago de Compostela (USC) desde 2022. Na actualidade, son Coordinadora da Unidade Clínica e de Investigación en Odontoloxía para Pacientes con Necesidades Especiais, Coordinadora do Grupo de Investigación “Oral Sciences Research Group” da USC, pertencente á Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS). Son Investigadora Colaboradora en institucións internacionais como o Eastman Dental Institute, Queen Mary University of London e King’s College London. A miña investigación está centrada no avance científico das Ciencias Odontolóxicas, comezando inicialmente no campo da microbioloxía oral para incorporar, nos últimos dez anos, as tecnoloxías ómicas e as técnicas de intelixencia artificial.

O grupo de investigación que lidero, Oral Sciences Research Group na USC e o FIDIS, está centrado actualmente no desenvolvemento da liña de investigación principal: entendemento e diagnóstico das enfermidades orais humanas e a súa relación coas enfermidades sistémicas mediante a aplicación e desenvolvemento de técnicas bioinformáticas en tecnoloxías ómicas e de intelixencia artificial.

Perfis de Investigación


Perfis Sociais