ES | GAL
Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia canal Yotube

Marta Núñez García

Marta Núñez García
Investigadora Ramón e Cajal

Son enxeñeira de Telecomunicación pola Universidade de Vigo (España), teño un Máster en Visión por Computador e Intelixencia Artificial (Computer Vision Center, Barcelona, España) e un doutoramento en Procesado de Imaxe Médica pola Universitat Pompeu Fabra (Barcelona, España). A miña tese centrouse na parametrización da aurícula esquerda e na análise de datos multimodais no contexto da Fibrilación Auricular. De 2019 a 2023 traballei no IHU Liryc (L'Institut de Rythmologie et Modélisation Cardiaque, Bordeaux, France) primeiro como investigadora posdoutoral e despois como INRIA Starting Research Position fellow. Incorporeime ao CiTIUS como investigadora posdoutoral en 2023.

Investigo o uso de técnicas de aprendizaxe automática e métodos clásicos de procesado de imaxe aplicado á imaxe cardíaca multimodal como MRI, LGE-MRI, CT, LIE-CT, etc. O meu interese principal en investigación céntrase en desenvolver modelos multimodais e estandarizados do corazón para a análise estatística de datos cardíacos.

Perfis de Investigación


Perfis Sociais