Espazo de Datos e Intelixencia Artificial | Voces de CAMELIA #6 con Alfonso Valencia

A serie Voces de CAMELIA lanza a súa derradeira entrega con Alfonso Valencia, director do departamento de Ciencias de la Vida en el Centro de Supercomputación de Barcelona e investigador do ICREA (Institución Catalana de Investigación y Estudios Avanzados). Nesta nova entrega abórdase o papel clave dos datos no ámbito biomédico e como a Intelixencia Artificial pode transformar o seu uso dentro do sistema sanitario.
A conversa analiza como o coñecemento actual está a permitir dividir enfermidades que antes se consideraban únicas en grupos máis pequenos con características xenómicas ou fisiolóxicas comúns. Este cambio de enfoque abre a porta a tratamentos máis dirixidos, evitando terapias innecesarias e seleccionando aquelas que poden achegar un maior beneficio a cada grupo de pacientes.
A entrevista pon sobre a mesa algúns dos grandes retos para levar estas solucións á práctica clínica: a validación das ferramentas, a redución de nesgos, os procesos regulamentarios e a creación de contornos que permitan utilizar os datos médicos de forma segura para a investigación.
O vídeo completo desta sexta e derradeira entrega xa está dispoñible en YouTube nesta ligazón. Convidámoste a descubrir esta nova entrega de Voces de CAMELIA e a seguir a serie para coñecer a visión de profesionais referentes en intelixencia artificial, innovación e saúde.