ES | GAL
Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia canal Yotube
Novidades

A Rede ECIA e a formación en IA: un modelo de colaboración para afrontar os retos do futuro

A Rede ECIA e a formación en IA: un modelo de colaboración para afrontar os retos do futuro
A Cátedra CAMELIA USC–Plexus de Intelixencia Artificial e Medicina Personalizada e de Precisión súmase á celebración da graduación da primeira promoción do Grao en Intelixencia Artificial da Universidade de Santiago de Compostela (USC), un fito que reflicte a crecente relevancia da formación especializada para impulsar a transformación dixital de sectores estratéxicos como a saúde.

A aplicación da intelixencia artificial na medicina personalizada e de precisión require profesionais altamente cualificados, capaces de integrar investigación, tecnoloxía e necesidades reais da sociedade desde unha perspectiva responsable, fiable, ética e centrada nas persoas.

Neste contexto, a Cátedra pon en valor o papel da Rede ECIA (Entidades Colaboradoras na Formación en Intelixencia Artificial), da que forma parte xunto con empresas, administracións públicas, centros tecnolóxicos e de investigación e agrupacións sectoriais. Esta rede constitúe un exemplo de colaboración entre universidade e sociedade para achegar o alumnado a retos reais, favorecer a transferencia de coñecemento e contribuír á formación do talento que liderará o futuro da IA.

Trátase dun proxecto pioneiro, chamado a desempeñar un papel clave no desenvolvemento dunha intelixencia artificial ao servizo das persoas e da innovación en saúde.