ES | GAL
Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia canal Yotube
Novidades

Alberto J. Bugarín Diz participou como poñente na mesa redonda «Intelixencia Artificial» durante a LXIX Reunión da Sociedade de Cirurxía de Galicia (SOCIGA), celebrada en Ferrol os días 28 e 29 de novembro.

Alberto J. Bugarín Diz participou como poñente na mesa redonda «Intelixencia Artificial» durante a LXIX Reunión da Sociedade de Cirurxía de Galicia (SOCIGA), celebrada en Ferrol os días 28 e 29 de novembro.
Este encontro centrouse en temas clave para a especialidade cirúrxica: cirurxía de mama, parede abdominal, intelixencia artificial aplicada á cirurxía, urxencias e catástrofes, entre outros.

A mesa dedicada á Intelixencia Artificial, moderada por Vincenzo Vigorita (Hospital Alvaro Cunqueiro, Hospital Universitario de Vigo) e Alberto Parajó (Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra), contou cun panel de expertos que presentaron novos avances e aplicacións reais no ámbito sanitario:

Hector Guadalajara (Hospital Universitario Fundación Jiménez Díaz), mostrou casos de uso de tecnoloxías da linguaxe na xestión clínica, incluída unha aplicación capaz de rexistrar o audio da consulta e xerar automaticamente un resumo estruturado para o profesional que permite unha atención do paciente máis precisa e eficiente.

Sergio Estevez (Hospital Alvaro Cunqueiro, Hospital Universitario de Vigo) presentou un proxecto en colaboración co Departamento de Electrónica e Computación e a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela. O obxectivo deste proxecto é crear unha reconstrución hashtag#3D do fígado e de todas as súas estruturas e lesións, a partir das imaxes de Tomografía Computarizada (hashtag#TC) e Resonancia Magnética (hashtag#RMN).

Iago Mosquera Fajardo (Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF)) abordou solucións baseadas en modelos de linguaxe (LLM) orientadas á atención directa e apoio á decisión clínica.

Pola súa parte, Alberto J. Bugarín Diz ofreceu unha visión global dos tipos e modelos de IA (descritiva, predictiva, prescritiva e xerativa), afondando nos retos actuais da disciplina:
  • Hibridación neurosimbólica para unha maior consistencia das aplicacións baseadas en modelos de linguaxe;
  • Desafíos éticos para acadar IA confiable, explicable, robusta e equitativa;
  • Implicacións xurídicas derivadas do novo Regulamento Europeo de IA, especialmente respecto aos requisitos específicos para ámbitos de alto risco como o da saúde.