ES | GAL
Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia canal Yotube
Novidades

A Cátedra CAMELIA USC–Plexus participa por primeira vez na IX edición de CienciaSingular

A Cátedra CAMELIA USC–Plexus participa por primeira vez na IX edición de CienciaSingular
A Cátedra CAMELIA USC–Plexus de Intelixencia Artificial aplicada á Medicina participou este sábado, por primeira vez, na IX edición de Ciencia Singular, unha xornada de divulgación científica celebrada no CiTIUS - Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela.

O evento reuniu máis de 300 persoas, que encheron cada quenda de actividades con curiosidade, entusiasmo e ganas de aprender e descubrir. Foi unha nova mostra do compromiso cunha ciencia aberta, participativa e próxima á cidadanía.

Desde a Cátedra queremos agradecer sinceramente a todas as persoas que se achegaron a compartir este tempo co noso equipo. Foi un pracer formar parte dunha xornada marcada pola alegría, a ilusión e o interese pola investigación en intelixencia artificial e a súa aplicación á medicina.

Agardamos que esta sexa a primeira de moitas edicións compartidas. Grazas por facelo posible!