ES | GAL
Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia canal Yotube
Novidades

CAMELIA imparte formación en IA aplicada á Medicina Personalizada de Precisión para o estudantado de Medicina

CAMELIA imparte formación en IA aplicada á Medicina Personalizada de Precisión para o estudantado de Medicina
CAMELIA imparte unha formación de dúas semanas dirixida ao estudantado do Grao de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela centrada nun ámbito clave para o futuro da práctica clínica: a Intelixencia Artificial.

Durante as sesións celebradas no CiTIUS - Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes, exploraron desde os fundamentos técnicos da IA ata as súas aplicacións reais no diagnóstico, a imaxe médica, o procesamento da linguaxe natural ou a regulación normativa.

Contamos coa participación do persoal investigador da cátedra, profesionais do CHUS ou do Hospital Álvaro Cunqueiro, expertos/as en dereito e farmacoloxía, que comparteron a súa visión sobre como a IA está transformando a atención sanitaria e a toma de decisións clínicas.