ES | GAL
Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia Ctedra Camelia canal Yotube
Novidades

Procesamento da linguaxe natural e IA xenerativa na práctica clínica, protagonistas no congreso de medicina CIMEC 2025

Procesamento da linguaxe natural e IA xenerativa na práctica clínica, protagonistas no congreso de medicina CIMEC 2025
No CIMEC 2025, o Dr. Marcos Fernández Pichel, investigador da Cátedra USC–Plexus en Intelixencia Artificial aplicada á Medicina Personalizada de Precisión e do CiTIUS - Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes, impartiu un obradoiro centrado na aplicación da intelixencia artificial xerativa e o procesamento da linguaxe natural (NLP) en contornos clínicos.

Durante a sesión, de carácter eminentemente práctico, abordáronse casos reais sobre como estas tecnoloxías poden integrarse en hospitais e consultas para apoiar a toma de decisións clínicas, optimizar os fluxos de traballo e transformar a xestión da información sanitaria. As persoas asistentes puideron coñecer exemplos concretos de uso, desde a automatización de informes médicos ata a extracción intelixente de información relevante en historias clínicas.

O congreso foi organizado pola CoMeF - Comunidade Médica en Formación en colaboración coa Xunta de Galicia —a través da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde e a Consellería de Educación—, a Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, consolidándose como un espazo de referencia para o intercambio de coñecemento e a innovación no ámbito sanitario.